Promoción da Igualdade
de igualdade.xunta.es


Nesta páxina poden consultarse todos os servizos e programas de actuación que ofrece a Secretaría Xeral de Igualdade. Habilitados na procura da mellora da calidade de vida das galegas e galegos, constitúen unha fonte de recursos abeirada baixo o principio de igualdade de oportunidades.

Destacados

Novo!
Procedemento para a concesión do distintivo «Igualdad en la Empresa» correspondente aol ano 2010, e se establecen as súas bases reguladoras. > Preme aquí para máis información



> Microcréditos para mulleres emprendedoras e empresarias
O programa de microcréditos para mulleres emprendedoras e empresarias, está promovido pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, Caixa Galicia e Caixanova.


> Teléfono das Mulleres:900 400 273
O Teléfono das Mulleres é un servizo de emerxencias gratuíto e anónimo. Funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma.


> Unidade Muller e Ciencia
É un feito que no ámbito da sociedade do coñecemento, o papel da ciencia e a tecnoloxía resulta esencial xa que se constitúe no motor do progreso social e económico. Para poder afrontar os retos que presenta o contexto competitivo actual e facer rendibles as oportunidades que nos brinda o novo milenio, cómpre que Galicia aproveite ao máximo todo o seu potencial de investigación. Non obstante, hai unha cuestión clave que segue a condicionar este obxectivo: a insuficiente presenza das mulleres e da perspectiva de xénero nos ámbitos da ciencia, da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico.








Centro de Información á Muller (CIM) Soutomaior
Multiusos de Arcade | r/ Peirao 8 Arcade 36690. Pontevedra.
Teléfono e Fax: 986.701.227 | e-mail: info@ex-presion.com